Este Luns día 14 de decembro abriremos a biblioteca para o préstamo, a lectura, e o traballo para o alumnado de ESO durante os segundos recreos dos luns, xoves e venres. O aforo estará limitado a 16 persoas, e deberemos cumprir o protocolo de hixiene e desinfección establecido para poder acceder á sala de traballo e lectura.
A apertura da biblioteca foi adiada debido á situación excepcional que estamos a atravesar neste curso. Tivemos moitos aspectos moi importantes que organizar e coidar antes de poder abrir a biblioteca e algúns atrancos importantes, tales como a redistribución dos espazos para poder cumprir coas normas establecidas polo protocolo COVID 19, dictadas pola Consellería de Educación da Xunta de Galicia. Consideramos a atención á saúde do alumnado e de toda a comunidade escolar como prioritaria.
Neste momento, no que parece que as cousas van rodando ben, imos intentalo. Contaremos coa colaboración dun grupo de voluntarios de 4º de ESO.
Agardámosvos!





