miércoles, 11 de febrero de 2026

DÍA INTERNACIONAL DA MULLER E DA NENA NA CIENCIA (11 DE FEBREIRO)

 


Durante unha semana, o alumnado de cuarto de primaria realizou un traballo de investigación sobre distintas mulleres científicas que deixaron a súa pegada na historia. 

O máis especial desta actividade foi o xeito de traballar: os nenos e nenas buscaron a información directamente nos libros da nosa biblioteca, aprendendo a investigar, seleccionando datos importantes e descubrindo como atopar respostas máis aló de Internet. 

Cada grupo elixiu unha muller diferente e, pouco a pouco, foron descubrindo aspectos da súa vida, as súas investigacións e as dificultades que moitas delas tiveron que superar para poder dedicarse á ciencia.

Ademais de aprender contidos científicos, o proxecto serviu para fomentar a lectura, o traballo en equipo, a autonomía, ...consultaron libros divulgativos, biografías e tomaron notas.

Demostraron un gran interese e entusiamo, demostrando que investigar tamén pode ser unha aventura apaixoante cando se fai con curiosidade e ansias de aprender. 

Parabéns polo traballo realizado!!