lunes, 12 de octubre de 2026

LIBROS PARA AS BIBLIOTECAS DE AULA EP



Na biblioteca xa estamos mans á obra! Estes días estamos seleccionando e preparando os libros que formarán parte das bibliotecas de aula.

Para facelo, estamos tendo moi en conta as preferencias e intereses do noso alumnado porque queremos que os libros que cheguen ás aulas sexan tamén unha invitación a ler, descubrir e gozar. 

Cada aula contará así cunha selección variada de historias, aventuras, álbumes ilustrados, libros informativos, poesía, ...un pequeno recuncho lector pensado para cada grupo. 

Cremos que ter os libros preto é o primeiro paso para achegarnos á lectura e, se ademais podemos escoller aqueles que máis vos gusten...moito mellor!

Seguimos traballando para encher as nosas aulas de historias!