jueves, 2 de mayo de 2019

Dep. Bioloxía OS ÚLTIMOS DA SÚA ESPECIE I

Fálase de que estamos inmersos na que algúns xa denominan sexta extinción masiva da historia da Terra. A perda de especies, de biodiversidade, é un drama que ameaza ao noso planeta. Considérase que unha especie está en perigo de extinción cando todos os seus representantes da mesma corren o risco de desaparecer da Terra. Actualmente hai miles de especies a nivel mundial que corren este risco. Co ánimo de coñecer mellor esta situación e de saber que especies están en perigo de extinción na nosa contorna 1º, 3º e 4º da ESO levamos a cabo un traballo de investigación no que nos esforzamos en coñecer algúnhas das especies en perigo de extinción de Galicia. Estamos seguros de que aprendendo sobre estas especies poderemos axudar a protexelas. Aquí podedes coñecer unha pequena mostra do que aprendemos.
 Para saber máis podes premer aquí . https://faunagallega.es.tl/ 
Anímate a comprobar o que aprendiches aquí. : https://www.gciencia.com/wp_quiz/especies-ameazadas-en-galicia/ )

sábado, 12 de enero de 2019

INMERSOS NA NATUREZA

Onte levouse a cabo unha actividade combinada co alumnado de 3° e 5° de primaria na biblioteca. 
O alumnado de quinto preparou informacón sobre a clasifiación das follas segundo os diferentes aspectos (forma, bordo, nervios , disposición no talo, ...). Elaboraron uns carteis nos que se amosaban os diferentes tipos de follas con exemplos.
Os nenos de terceiro baixaron cadansúa folla pasando polos diferentes grupos onde o alumnado lle foi explicando para que clasificasen a súa folla. 


  









jueves, 10 de enero de 2019

NOVOS ESPAZOS NA BIBLIOTECA

Os novos espazos da nosa biblioteca permiten levar a cabo todo tipo de actividades, grazas á zona aberta e diáfana da grada. Ademais, temos unha pantalla dixital interactiva que lles encanta! 

Aqui tedes unha mostra dalgunhas delas....

* Os nenos e nenas de segundo de primaria leron o libro " Hermanos" de Rocío Bonilla ( Ed. ALGAR). Un libro para tratar a relación entre irmáns de diferentes idades. Móstranos ese " amor-odio" dende as dúas perspectivas: a do irmán e a da irmá.




* Tamén xogan cos LEGOs, unha ferramenta que pode axudar a mellorar as habilidades motoras e mentais, ademais de aumentar a concentración e fomentar a creatividade. É apta para nenos e adultos e ofrecd posibilidades infinitas ....






* os rapaces de terceiro de primaria dan a clase de matemáticas neste novo espazo. É máis divertido facer multiplicacións na pantalla interativsa!!


* o alumnado de quinto de primaria aproveitou a hora de ler para baixar a biblioteca. Están lendo " As peripecias de Extravaganzza Pérez". 





sábado, 22 de diciembre de 2018

NADAL NO CPI CRUZ DO SAR

Como cada ano, desde a Biblioteca, mandamos ás casas das familias a guía das recomendacións lectoras para agasallar nestas festas.






CONSTRUÍNDO " CÚPULAS AUTOSOSTIBLES"

A semana pasada o alumnado de quinto de Primaria tivo unha actividade diferente  (e tan diferente...). Puideron construír estructuras ideadas por Leonardo da Vinci: " cúpulas autosostibles". Estas estructuras levántanse sen ningún tipo de subxección e se manteñen unidas grazas ao seu propio peso e a acción da gravidade. 
Son, por tanto, estructuras recíprocas nas que os elementos que as compoñen están apoiados entre sí.

O mestre fixo grupos de seis ou sete nenos e facilitoulles unha folla cun modelo de cúpula e unhas instruccións breves. A construcción e utilización deste recurso educativo esixe un traballo cooperativo, de imaxinación espacial  de seguimento dun patrón, ... ademais de ser unha proposta innovadora que mestura conceptos relacionados coa xeometría, arte e historia. 

Foi un ÉXITO!