martes, 21 de mayo de 2019
martes, 14 de mayo de 2019
lunes, 13 de mayo de 2019
jueves, 2 de mayo de 2019
Dep. Bioloxía OS ÚLTIMOS DA SÚA ESPECIE I
Fálase de que estamos inmersos na que algúns xa denominan sexta extinción masiva da historia da Terra. A perda de especies, de biodiversidade, é un drama que ameaza ao noso planeta.
Considérase que unha especie está en perigo de extinción cando todos os seus representantes da mesma corren o risco de desaparecer da Terra. Actualmente hai miles de especies a nivel mundial que corren este risco.
Co ánimo de coñecer mellor esta situación e de saber que especies están en perigo de extinción na nosa contorna 1º, 3º e 4º da ESO levamos a cabo un traballo de investigación no que nos esforzamos en coñecer algúnhas das especies en perigo de extinción de Galicia. Estamos seguros de que aprendendo sobre estas especies poderemos axudar a protexelas.
Aquí podedes coñecer unha pequena mostra do que aprendemos.
Para saber máis podes premer aquí . https://faunagallega.es.tl/
Anímate a comprobar o que aprendiches aquí. : https://www.gciencia.com/wp_quiz/especies-ameazadas-en-galicia/ )
Para saber máis podes premer aquí . https://faunagallega.es.tl/
Anímate a comprobar o que aprendiches aquí. : https://www.gciencia.com/wp_quiz/especies-ameazadas-en-galicia/ )
domingo, 14 de abril de 2019
sábado, 12 de enero de 2019
INMERSOS NA NATUREZA
Onte levouse a cabo unha actividade combinada co alumnado de 3° e 5° de primaria na biblioteca.
O alumnado de quinto preparou informacón sobre a clasifiación das follas segundo os diferentes aspectos (forma, bordo, nervios , disposición no talo, ...). Elaboraron uns carteis nos que se amosaban os diferentes tipos de follas con exemplos.
Os nenos de terceiro baixaron cadansúa folla pasando polos diferentes grupos onde o alumnado lle foi explicando para que clasificasen a súa folla.
jueves, 10 de enero de 2019
NOVOS ESPAZOS NA BIBLIOTECA
Os novos espazos da nosa biblioteca permiten levar a cabo todo tipo de actividades, grazas á zona aberta e diáfana da grada. Ademais, temos unha pantalla dixital interactiva que lles encanta!
Aqui tedes unha mostra dalgunhas delas....
* Os nenos e nenas de segundo de primaria leron o libro " Hermanos" de Rocío Bonilla ( Ed. ALGAR). Un libro para tratar a relación entre irmáns de diferentes idades. Móstranos ese " amor-odio" dende as dúas perspectivas: a do irmán e a da irmá.
* Tamén xogan cos LEGOs, unha ferramenta que pode axudar a mellorar as habilidades motoras e mentais, ademais de aumentar a concentración e fomentar a creatividade. É apta para nenos e adultos e ofrecd posibilidades infinitas ....
* os rapaces de terceiro de primaria dan a clase de matemáticas neste novo espazo. É máis divertido facer multiplicacións na pantalla interativsa!!
* o alumnado de quinto de primaria aproveitou a hora de ler para baixar a biblioteca. Están lendo " As peripecias de Extravaganzza Pérez".
Suscribirse a:
Entradas (Atom)
-
Un novo curso na biblioteca e moitas tarefas nas que o voluntariado colabora para que todo funcione mellor.
-
Despois de repasar as propostas das Xornadas de Biblioteca Creativa no mes de novembro, pensamos que sería axeitado iniciarnos nalgún prox...











