domingo, 13 de octubre de 2019

DÍA DE LAS ESCRITORAS


O día das escritoras é unha conmemoración promovida pola Biblioteca Nacional de España xunto á Federación Española de Mujeres Directivas, Ejecutivas, profesionales y empresariaS. (FEDEPE) e a Asociación cásicas e Modernas. Desde 2016 búscase reivindicar o labor e o legado das autoras a través da historia a partir da lectura de fragmentos representativos das súas obras. 

Esta celebración lévase a cabo o luns máis próximo á festividade de Teresa de Jesús, o 15 de outubro. A IV ediciéon celébrase este ano 2019 o 14 de outubro baixo o lema: "MULLERES, AMOR E LIBERDADE". O amor entendido dende a perspectiva das mulleres:"un territorio amplo, complexo, contradictorio, laberíntico, atravesado por luces e sombras, grandes paixóns, máis tamén as coitas", como explica Clara Sanchís, comisaria desta convocatoria.

Desde as bibliotecas escolares propomos que se visibilice a obra das escritoras galegas, ben a través dunha exposición de libros, ben lendo fragmentos dos mesmos nunha maratón literaria ou mesmo nos clubs de lectura.

Begoña Caamaño: Morgana en Esmelle
"Na comunide druídica achou a nena a vida que desexaba […] destacou pola súa intelixencia e sagacidade e polo seu amor e dedicación ao estudo".

A asesoría de Bibliotecas Escolares anima a que toda a comunidade educativa colabore na ampliación desta lista, e con este fin lánzase unha proposta en Twiter: lembrar a todas as escritoras galegas que traballen estas temáticas nas súas obras. Para iso usaranse os cancelos #DíadasEscritorasgalegas #DíadelasEscritoras e #bescolaresgal para darlles visibilidade.






O alumnado de 1º de ESO da materia de “Investigación e tratamento da información “ levaron a cabo con motivo desta data un traballo de investigación.  Localizaron libros escritos por mulleres na zona onde están os libros recomendados para a súa idade.

lunes, 7 de octubre de 2019

BIBLIOTECA ESCOLAR: VIVEIRO DE CIDADANÍA

O lema que propón a Dirección Xeral de Centros e Recursos ás bibliotecas escolares galegas para o presente curso 2019/2020 é "Biblioteca escolar: viveiro de cidadanía". O ilustrador do cartel é Óscar Villán (lembrades O coelliño branco?) e representa moi ben o mundo de posibilidades que se abren nunha biblioteca escolar viva, moderna, activa, ..como tentamos que sexa a nosa. 


sábado, 5 de octubre de 2019

VOLUNTARIADO NA BIBLIOTECA ESCOLAR

Outro ano máis contamos cun bo número de alumnos e alumnas de quinto e sexto de Primaria e primeiro e cuarto da ESO que voluntariamente nos axudarán nos recreos ao longo do curso. 
Algunhas das tarefas que realizarán son as seguintes:
    - facer empréstitos e devolucións de libros e películas 
    - localizar e colocar os libros nos diferentes andeis 
    - identificar os libros axeitados para idade 

Grazas rapaces!! 



martes, 1 de octubre de 2019

É HORA DE LER!

Por fin abriu a porta a nosa biblioteca! Comezamos o empréstito nos recreos, un momento que todos e todas estabades esperando. 
Lembrade que podedes vir buscar ese libro favorito ou que tes ganas de ler, algún exercicio que esqueciches facer na casa, estudar ou repasar para o exame de despois, coller unha película ou mesmo montar un LEGO ou crebacabezas. 
Esperámosvos con moitas sorpresas e novidades! 





lunes, 23 de septiembre de 2019

FORMACIÓN DE USUARIOS


Hoxe empezou a formación de usuarios na nosa biblioteca, dirixida ao alumnado de primeiro a cuarto de Educación Primaria. 
A través dunha presentación en PowerPoint faise fincapé en aspectos esenciais como as partes dun libro, clasificación dos tejuelos, onde atopar un libro axeitado para cada idade, CDU, ... Complétase cunha serie de sinxelas actividades que lles permitan coñecer un pouco máis como funciona o servizo de empréstito e os diversos recursos que pode ofrecer a nosa biblioteca. 
Ademais, aproveitamos a ocasión para repartir os carnés ao alumnado de terceiro de E.P. Fíxolles moita ilusión!! 






viernes, 13 de septiembre de 2019

EMPEZA UN NOVO CURSO

Xa estamos de volta!! Comenzou un novo curso e este ano hai algunha novidade...aproveitamos o verán para facer uns andeis novos para as dúas zonas da biblioteca e recolocamos os vellos no almacén. Como podedes observar nas fotografìas, quedaron moi ben! 

O proxecto que plantexamos este ano desde a nosa biblioteca leva por título "Cada libro unha viaxe, e ti a onde vas?".
Os primeiros días de setembro organizamos unha parte do traballo do trimestre: fixemos os carnés dos novos usuarios, revisamos as bibliotecas de aula, preparamos as mochilas viaxeiras, buscamos axudantes, ...
Pouco a pouco iremos collendo ritmo!!