martes, 26 de noviembre de 2019

MES DA CIENCIA EN GALEGO ( PRIMARIA II)

Os nenos e nenas de terceiro de Primaria fixeron varios traballos relacionados coas Ciencias Naturais e Sociais.

     - Vertebrados / Invertebrados: buscaron e cortaron animais nas revistas para logo clasificalos.





















 Investigaron a vexetación típica de Galicia.


O Sistema Solar. 





miércoles, 20 de noviembre de 2019

DÍA UNIVERSAL DO NENO

Hoxe, 20 de novembro, celébrase en todo o mundo o Día Internacional do Neno que, cada ano, lembra a aprobación da Convención sobre os Dereitos do Neno ( o 20 de novembro de 1989). 
O alumnado de 1° da ESO e de 4° de EP elaboraron este mural que recolle os dez dereitos dos nenos de calquer sociedade ou nación. 




lunes, 18 de noviembre de 2019

MES DA CIENCIA EN GALEGO (PRIMARIA I)

Aproveitando o coidado do medio ambiente, os nenos e nenas de segundo fixeron un experimento para comprobar o difícil que resulta que algúns materiais se destrúan e contaminen o menos posible. Os materiais empregados foron: papel hixiénico, toalliñas e papel de cociña. Cada un foi metido nunha botella con auga para comprobar o que ocorre con eles cando chegan aos ríos ou ao mar.


A excavación arqueolóxica do Castro de Reboredo, no noso Concello de Bergondo, serviu como punto de partida para o estudo da Prehistoria e as características das  súas tres etapas. 
O alumnado de cuarto construiu esta liña de tempo que reflicte todo o aprendido.








domingo, 17 de noviembre de 2019

MES DA CIENCIA: TÁBOA PERIÓDICA ( ESO I )

O ano 2019 marca o 150° aniversario do descubrimento do sistema periódico dos elementos químicos, un dos logros máis significativos da Ciencia. 
Co gallo de dita celebración, o alumnado de ESO elaborou unha táboa periódica.






jueves, 14 de noviembre de 2019

MES DA CIENCIA EN GALEGO

Outro ano máis ten lugar a celebración do MES DA CIENCIA EN GALEGO NAS BIBLIOTECAS. Iníciase esta actuación coa elección dunha imaxe e a difusión dun texto, a modo de Manifesto, da científica Alicia Estévez Taranzo que resalta a importancia das bibliotecas " para que moitos dos coñecementos rigorosamente contrastados sexan accesibles ao público". Aquí vos deixamos o enlace: 


O EDNL xunto coa Biblioteca propuxo que, tanto E.P. como ESO, aproveitasen os contidos que estaban a traballar nas asignaturas de Ciencias e montasen un mural para expoñer no edificio principal. 

Os alumnos e alumnas de 4° EP elaboraron unhas fichas informativas que recollen as características máis peculiares de diferentes animais. Tiveron que buscar e organizar a información eles mesmos coa axuda dunha tablet ou ordenador. Os debuxos tamén foron feitos por eles. Logo montaron un mural para relacionar cada debuxo co animal correspondente.