miércoles, 8 de enero de 2020

AGASALLOS DE NADAL

A visita dos Reis Magos ao noso colexio o último día de clase antes das vacacións de Nadal foi toda unha sorpresa.
Trouxéronnos varios xogos de LEGO, tres libros con ideas para construír e caixas de almacenaxe para a nosa biblioteca.
Agora a...desenvolver a imaxinación!! 





miércoles, 18 de diciembre de 2019

LEDICIA COSTAS

Hoxe o alumnado de sexto de Primaria e primeiro e segundo da ESO recibiu na Senra unha visita moi especial: Ledicia Costas.


Tiveron a oportunidade de coñecer e escoitar a Ledicia, fantástica escritora que foi Premio Nacional de Literatura Infantil e Xuvenil co libro "Escarlatina, a cociñeira defunta". 
Ao rematar o encontro, aproveitaron para intercambiar con ela unhas palabras mentres lles asinaba o libro. 
Moitas grazas por vir!! 




miércoles, 11 de diciembre de 2019

VISITA DE JOSÉ LUIS GRAÑA




O martes 19 de novembro visitounos J. L. Graña, escritor e autor do libro de relatos A vida é dura antes dos 18.  O motivo da acollida foi que nos falase do proceso de creación literaria en primeira persoa. Á charla asistiu o grupo de 2ºB da ESO.
A través dun discurso pausado, seleccionando e axeitando as palabras ao auditorio, Graña foi detallando o seu proceder como escritor. Todo empeza cun lapis e un papel. Calquera idea que rolde pola cabeza hai que apuntala para que non se esvaeza, por iso na mesiña de noite ten sempre ese instrumental para rexistrar o pensamento que o desvele ás catro da mañá.
Logo, con todas esas ideas relacionadas, créase unha secuencia narrativa, enfiada e cunhas faíscas do xenio particular de escritor que é Graña. Tras a xestación, chega o parto: A vida é dura antes dos 18. Relatos con protagonistas xuvenís, que en primeira persoa narran os seus grandes conflitos ignorados. 
Xoán Barrio Saa.




DÍA INTERNACIONAL DE LOS DERECHOS HUMANOS

O alumnado de 2º de ESO traballou durante esta semana lembrando a data da proclamación dos Dereitos Humanos.

martes, 3 de diciembre de 2019

MES DA CIENCIA ( ESO II )

O alumnado de 3° ESO fixo unha exposición de produtos onde se pode visibilizar o contido de azucre libre presente nos alimentos.
A inspiración par ao traballo foi sacada da web www.sinazucar.org, páxina onde figuran os gramos de azucre presentes en alimentos tan cotiás para os rapaces como o Cola Cao, composto en máis dun 70% de azucre.
A OMS ACONSELLA REDUCIR O CONSUMO DE AZUCRES LIBRES.
Cristina Viqueira, profesora de Ciencias Naturais.














viernes, 29 de noviembre de 2019

1º ESO INVESTIGACIÓN E TRATAMENTO DA INFORMACIÓN

Seguindo a proposta do EDLG e da Biblioteca para celebrar "NOVEMBRO MES DA CIENCIA NA BIBLIOTECA",  o alumnado de 1º de ESO, na materia de INVESTIGACIÓN E TRATAMENTO DA INFORMACIÓN están a traballar "Fungos e cogumelos", en colaboración co Departamento de Ciencias Naturais.
O alumnado de 1º de ESO  están a estudar as distintas especies arbóreas e os fungos que forman parte do bosque autóctono galego.
Para traballar esta temática colocamos follas de distintas árbores autóctonas nunha árbore colocadana entrada principal do colexio e imos identificándoas.
Follas de bidueiros, salgueiros, ameneiros, caraballos, pradairos e castiñeiros, son algunhas das árbores que forman parte da exposición.
ESTUDAMOS ESTE TEMA BAIXO A PREMISA DE QUE NON SE PODE PROTEXER O QUE NON SE AMA, E NON SE PODE AMAR O QUE NON SE COÑECE. 

Cristina Viquera. Profesora de Ciencias Naturais.