Empezamos outubro con moitas ganas e o cartel de Bibliotecas Escolares. Este ano ten como lema " A biblioteca ten a palabra" e quere poñer o foco na palabra e na oralidade.
É obra do deseñador, ilustrador, escritor e artista visual Pablo Otero.
Empezamos outubro con moitas ganas e o cartel de Bibliotecas Escolares. Este ano ten como lema " A biblioteca ten a palabra" e quere poñer o foco na palabra e na oralidade.
É obra do deseñador, ilustrador, escritor e artista visual Pablo Otero.
O curso escolar xa casi está rematado e toca despedir ao alumnado participante no programa de "Voluntariado escolar na biblioteca".
Aquí vos deixamos unha fotografía co agasallo que enviaron desde Bibliotecas Escolares de Galicia.
Moitas grazas por axudarnos! Esperamos contar con vós o vindeiro curso.
Hoxe comenzamos un concurso diferente: ACEPTA O RETO! Este novo concurso tivo gran acollida entre o alumnado de Primaria e Secundaria. Apuntáronse trinta grupos!
O primeiro reto consiste en facer un circuito. O alumnado participante recolleu o material na biblioteca durante o recreo e puxéronse mans á obra.
Aquí os tedes todos concentrados. Ao longo destes días iremos colgando máis fotos dos proxectos e como os están a facer.
Moita sorte rapaces!!
Hai moitos anos que cando chegan estas datas, plantexamos para o alumnado de 5º e 6º e para toda a ESO o concurso "A PREGUNTA DO DÍA".
Este ano propoñemos de maneira experimental un concurso diferente: ACEPTA O RETO!
Mantense a esencia dunha competición por equipos na que o alumnado participante ten que afrontar certas probas propostas pola biblioteca.
As bases son similares con algunhas variacións. Un reto semanal en lugar dunha pregunta diaria á que responder, probas máis manipulativas e que requiren máis traballo colaborativo...
Esta iniciativa trata de mostrar e orientar a biblioteca e as súas actividades hacia un “centro creativo de aprendizaxes”, apoiando a existencia de
espazos creativos e cooperativos de experimentación, investigación e creación no seo da biblioteca
escolar.
O prazo para apuntarse: Do 10 ao 14 de maio
O mércores 19 de maio comezaremos co primeiro reto.