jueves, 21 de octubre de 2021

SAMAÍN

 No colexio e na nosa biblioteca xa está todo  preparado para recibir ao Samaín. Tedes unha selección de "libros de medo" para esta data tan especial. Agardamos que vos gusten! 


Ademais, en colaboración co EDLG, o alumnado de cuarto, quinto e sexto podedes presentarvos ao concurso de contos de medo. 

As bases están na biblioteca e na páxina do EDLG.

Non esquezas presentar o teu relato! 






lunes, 4 de octubre de 2021

ESTAMOS DE VOLTA!

Empezamos outubro con moitas ganas e o cartel de Bibliotecas Escolares. Este ano ten como lema " A biblioteca ten a palabra" e quere poñer o foco na palabra e na oralidade. 

É obra do deseñador, ilustrador, escritor e artista visual Pablo Otero.




miércoles, 9 de junio de 2021

DESPEDIDA DO VOLUNTARIADO ESCOLAR

O curso escolar xa casi está rematado e toca despedir ao alumnado participante no programa de "Voluntariado escolar na biblioteca".

Aquí vos deixamos unha fotografía co agasallo que enviaron desde Bibliotecas Escolares de Galicia. 

Moitas grazas por axudarnos! Esperamos contar con vós o vindeiro curso.



miércoles, 19 de mayo de 2021

ACEPTA O RETO! RETO 1: FACER UN CIRCUITO

Hoxe comenzamos un concurso diferente: ACEPTA O RETO! Este novo concurso tivo gran acollida entre o alumnado de Primaria e Secundaria. Apuntáronse trinta grupos!

O primeiro reto consiste en facer un circuito. O alumnado participante recolleu o material na biblioteca durante o recreo e puxéronse mans á obra.

Aquí os tedes todos concentrados. Ao longo destes días iremos colgando máis fotos dos proxectos e como os están a facer.

 Moita sorte rapaces!!











lunes, 17 de mayo de 2021

1º RETO


 Accede dende aquí aos enlaces que aparecen no vídeo:

PINTEREST BIBLIOTECA CPI CRUZ DO SAR. CIRCUITOS DE PAPELhttps://www.pinterest.es/cruzdosar/circuitos-de-papel/

VÍDEO TUTORIAL CÓMO HACER UN CIRCUITO DE PAPEL 


ACEPTA O RETO! ATENCIÓN ALUMNADO PARTICIPANTE

Si estades pendentes de participar no concurso da biblioteca ACEPTA O RETO!  ver estes vídeos que aparecen a continuación non vos viría nada mal.