viernes, 17 de diciembre de 2021
jueves, 18 de noviembre de 2021
CONTACONTOS: O PAÍS DOS MANDÓNS
miércoles, 27 de octubre de 2021
MOCHILAS VIAXEIRAS
Este curso retomamos a actividade das mochilas viaxeiras, parada o curso pasado pola COVID.
A mochila viaxeira permite á biblioteca escolar estar en contacto coas familias. Dentro de cada mochila vai un listado co contido da mesma e un diario para que as familias colaboren expresando a súa opinión.
Incluimos diversos materiais coma un cómic, un libro de poemas, unha biografía, un CD de música, ...
Esperamos que vos gusten e gocedes deste momento en familia!
lunes, 25 de octubre de 2021
24 DE OUTUBRO: DÍA DA BIBLIOTECA ESCOLAR
jueves, 21 de octubre de 2021
SAMAÍN
No colexio e na nosa biblioteca xa está todo preparado para recibir ao Samaín. Tedes unha selección de "libros de medo" para esta data tan especial. Agardamos que vos gusten!
Ademais, en colaboración co EDLG, o alumnado de cuarto, quinto e sexto podedes presentarvos ao concurso de contos de medo.
As bases están na biblioteca e na páxina do EDLG.
Non esquezas presentar o teu relato!
lunes, 4 de octubre de 2021
ESTAMOS DE VOLTA!
Empezamos outubro con moitas ganas e o cartel de Bibliotecas Escolares. Este ano ten como lema " A biblioteca ten a palabra" e quere poñer o foco na palabra e na oralidade.
É obra do deseñador, ilustrador, escritor e artista visual Pablo Otero.
miércoles, 7 de julio de 2021
-
Un novo curso na biblioteca e moitas tarefas nas que o voluntariado colabora para que todo funcione mellor.
-
Despois de repasar as propostas das Xornadas de Biblioteca Creativa no mes de novembro, pensamos que sería axeitado iniciarnos nalgún prox...