domingo, 20 de noviembre de 2022

TALLERES SOBRE VIOLENCIA DE XÉNERO NA BIBLIOTECA

 Durante o mes de novembro o alumnado do CPI Cruz do Sar, agarda o 25 N aprendendo e aclarando conceptos como VIOLENCIA DE XÉNERO, VIOLENCIA MACHISTA, VIOLENCIA INTRAFAMILIAR, VIOLENCIA INTRAXÉNERO, MICROMACHISMO...







DÍA DAS ESCRITORAS

 


O día das escritoras é unha iniciatica promovida pola Biblioteca Nacional de España en colaboración coa Federación Española de Mujeres Directivas, Ejecutivas, Profesionales y Empresariales (FEDEPE) e coa Asociación Clásicas e Modernas. Desde 2016 búscase reivindicar o labor e o legado das escritoras a través da historia.


Desde as bibliotecas escolares proponse que se  visibilice a obra das escritoras galegas, ben a través dunha exposición, ben lendo fragmentos nunha maratón literaria ou mesmo nos clubs de lectura ou a través de actividades de investigación, exploración ou creación...

No CPI Cruz do Sar o alumnado de 1º ESO, na materia de Proxecto Competencial levaron a cabo un traballo de investigación, e procura dos libros da biblioteca que están escritos por mulleres, en galego e en castelán.
Sinalizaron as súas obras nos andeis e fixeron unha investigación sobre a súa vida e obra.

miércoles, 29 de junio de 2022

MON MAGAZINE


O alumnado de 1º e 2º de ESO realizou unha revista titulada "MON MAGAZINE".

Cando a profesora lles falou do proxecto houbo caras de sorpresa e escepticismo: parecía un reto moi complicado xa que se trataba de elaborar unha revista cos contidos vistos ao longo do curso, pero sen copiar nin do libro de texto nin  dos apuntes. Tratábase de reflectir os contidos traballados durante o curso de maneira orixinal e lúdica: con pasatempos, encrucillados, xogos...

Tras dúas semanas de riguroso traballo na aula, os resultados foron sorprendentes: os alumnos e alumnas puxeron a funcionar a súa imaxinación e inxenio para levar a cabo un traballo realmente sorprendente cheo de colorido e de maxia!!

Noraboa a tod@s.