Ao longo das semanas previas ás vacaCións, realizáronse varias propostas de obradoiros de adornos con material reciclados na biblioteca (estrelas con pinzas de madeira).
Tiveron moito éxito!
Tiveron moito éxito!
Estas charlas sobre Mulleres Científicas e Orientación laboral organizadas polo Departamento de Orientación tiveron lugar na biblioteca durante os meses de outubro e novembro.
Durante o mes de novembro o alumnado do CPI Cruz do Sar, agarda o 25 N aprendendo e aclarando conceptos como VIOLENCIA DE XÉNERO, VIOLENCIA MACHISTA, VIOLENCIA INTRAFAMILIAR, VIOLENCIA INTRAXÉNERO, MICROMACHISMO...
O día das escritoras é unha iniciatica promovida pola Biblioteca Nacional de España en colaboración coa Federación Española de Mujeres Directivas, Ejecutivas, Profesionales y Empresariales (FEDEPE) e coa Asociación Clásicas e Modernas. Desde 2016 búscase reivindicar o labor e o legado das escritoras a través da historia.
Cando a profesora lles falou do proxecto houbo caras de sorpresa e escepticismo: parecía un reto moi complicado xa que se trataba de elaborar unha revista cos contidos vistos ao longo do curso, pero sen copiar nin do libro de texto nin dos apuntes. Tratábase de reflectir os contidos traballados durante o curso de maneira orixinal e lúdica: con pasatempos, encrucillados, xogos...
Tras dúas semanas de riguroso traballo na aula, os resultados foron sorprendentes: os alumnos e alumnas puxeron a funcionar a súa imaxinación e inxenio para levar a cabo un traballo realmente sorprendente cheo de colorido e de maxia!!
Noraboa a tod@s.