martes, 25 de abril de 2023

OBRADOIRO CON LIBROS VELLOS

 Hoxe o alumnado de terceiro de Educación Primaria fixo un obradoiro moi especial coa mestra de Lingua Galega de Secundaria, Marta. 


Aproveitando que estamos a facer un expurgo na nosa biblioteca, Marta explicoulles como facer un ourizo a partir dun libro vello. Ademais , tamén lles comentou por que se celebraba o Día do Libro o 23 de abril.

Encántoulles e xa están desexando baixar outra vez a facer outra actividade. Aquí vos deixamos unhas fotos para que vexades que ben quedaron.  

Moitas grazas Marta!!



lunes, 24 de abril de 2023

FEIRA SOLIDARIA DO LIBRO (DÍA DO LIBRO I)

 Para celebrar o Día do Libro, organizamos xunto co equipo de EDNL unha Feira Solidaria do Libro, aproveitando un expurgo na biblioteca e moitas doacións das familias.

Ao frente púxose a rapazada de 3º de EP que axudou a montalo e colocou os libros e, algúns compañeiros que están dentro do Departamento de Dinamización Lingüística que, ademais, encargáronse de toda a cartelería e a difusión da actividade por todo o centro.

A proposta tivo tanto éxito que permaneceu aberta durante os recreos de toda a semana. 

Moitas grazas a todas as familias e o alumnado pola súa solidariedade e colaboración! 






miércoles, 22 de marzo de 2023

CONTACONTOS NA BIBLIO. 1º E 2º EP

 O contacontos de hoxe fixo que os protagonistas das historias que contou fora a propio alumnado.

Na primeira historia as princesas dos contos tradicionais desaparecían, e coa axuda dunha detective, descubriron que xa non querían ser princesas, senón facer cousas máis interesantes e actuais, como deportistas, traballar no aeroporto…

Na outra historia contounos a amizade entre unha cadela, o seu can e a condutora dunha locomotora.

Ah! E tamén nos ensinou a fabricar un detector de contos para bucar o conto perfecto para cada un.







martes, 21 de marzo de 2023

DÍA DA POESÍA NA BIBLIOTECA. 1º de EP

 

O alumnado de 1º de EP acudiu á biblioteca coa súa mestra para gozar da lectura dunha selección de poemas do libro BECHOPOEMAS E OUTRAS BESTAS  de Leire Bilbao.



A proposta de traballo achegada por esta profesora para a celebración desta data foi a seguinte:










Na biblioteca, a disposición de todo o alumnado e profesorado quedou unha selección de libros de poesía en galego e castelán para celebrar esta data.










viernes, 10 de marzo de 2023

DÍA DA MULLER TRABALLADORA ESO

 

O alumnado de 1º, 3º e 4º  de ESO na materia de Xeografía e Historia levou a cabo un traballo de investigación "Mulleres que abriron camiño". Co resultado final fixemos unha exposición acompañada dunha selección de libros relacionados co tema, moitos deles novidades.










martes, 7 de marzo de 2023

DÍA DA MULLER 2023. LECTURAS E.PRIMARIA




 


IMPRESIÓN 3D (ALUMNOS DE TIC e 3º de E.P.)

 O alumnado de 4º ESO da materia de TIC encabezados pola mestra de Tecnoloxía fixo unha actividade cos nenos e nenas de 3º de Primaria. Axudados por eles, deseñaron uns chaveiros ou colgantes que fixeron coa impresora 3D.
Quedaron moi chulos! Moitas grazas por axudarnos!