miércoles, 7 de junio de 2023

MOCHILAS VIAXEIRAS 22-23


Este ano AS MOCHILAS VIAXEIRAS volveron cargadas de libros e outros materiais  ás casas dos nos nosos nenos e nenas.
Este vídeo e un exemplo do que veu de volta, apuntado no cuaderno dentro da mochila.

jueves, 1 de junio de 2023

VOLUNTARIADO ESCOLAR

 Outro curso máis contamos cun bo número de alumnos e alumnas de quinto e sexto de Primaria e 4º de ESO que voluntariamente nos axudaron nos recreos durante todo o curso. Algunha das tarefas que realizaron foron: recollida e devolucións de libros, localización e colocación dos libros nos diferentes andeis según a CDU, pegada de carteis para anunciar as conmemoracións e actividades...

Foron de gran axuda! Moitas grazas rapaces!!! 



viernes, 26 de mayo de 2023

FUNDACIÓN ANDREA (FEIRA SOLIDARIA DO DÍA DO LIBRO II )

 O diñeiro recadado coa Feira Solidaria do Libro, case 500 €, foi a parar a unha asociación, a "Fundación Andrea" que apoia aos nenos e nenas con enfermidades de longa duración, crónicas ou terminais. 

Uns días despois, viñeron a facernos unha visita e explicarnos un pouquiño en que consiste o traballo que levan a cabo e fixemos entrega da recadación. 

Moitas grazas! 





jueves, 11 de mayo de 2023

LECTURAS NA BIBLIOTECA

 O alumnado de terceiro de Primaria baixou á biblioteca para facer unha lectura compartida do libro "Sementes de papel".