martes, 25 de febrero de 2025
miércoles, 19 de febrero de 2025
CADERNOS PARA ANOTAR O USO DOS ORDENADORES NAS AULAS
Encima dos carros dos ordenadores e tamén na Aula de Informática quedarán estes cadernos para que o profesorado anote os traballos de Investigación e Tratamento da Información levados a cabo con estes dispositivos.
lunes, 17 de febrero de 2025
DÍA DE ROSALÍA_Material elaborado polo equipo da biblioteca para conmemorar este día.
Vídeo DÍA DE ROSALÍA
Ficha ROSALÍA para colorear e poñerlle o nome.
Ficha Rosalía, investigación e tratamento da información.
Puzzles Rosalía con ficha para completar a información.
sábado, 15 de febrero de 2025
CALIGRAMAS EN FRANCÉS
O Departamento de Francés organizou un concurso de CALIGRAMAS nos seguintes grupos:
1º ESO B, 2º ESO A, 3º ESO A, B e 4º ESO A e B.
"NON SOMOS APOLLINAIRE PERO CASE"
O xurado, formado por dous profesores de ESO, tras unha longa e difícil deliberación , concluíu:
- 1º PREMIO: Caligrama de V.M. 3º ESO. "Temos que coidar o noso planeta".
- 2º PREMIO: Caligrama de D.O. 2ª A. "A casa dos meus soños".
- 3º PREMIO: Caligrama de I.S. 2º A. "A casa dos meus soños".
Ademáis de corrección lingüística e ortográfica o xurado tivo en conta a orixinalidade e creatividade dos traballos.
O venres 21 ás 13 horas serán entregados os premios na Biblioteca do CPI Cruz do Sar.
En próximas datas poremos en marcha o concuros para os alumnos de 1º ESO A e 2º ESO B.
viernes, 14 de febrero de 2025
LIBROS DE ROSALÍA DE CASTRO NA BIBLIOTECA
O equipo de dinamización da biblioteca seleccionou unha serie de libros para conmemorar o
Día de Rosalía de Castro.
martes, 11 de febrero de 2025
DÍA DA MULLER E A NENA NA CIENCIA ( 11 DE FEBREIRO )
O día 11 de febreiro, a ONU celebra o Día Internacional da muller e da nena na ciencia, co fin de aumentar e favorecer a participación das mulleres e das nenas neste ámbito, achegándonos á igualdade de xénero e contribuíndo ao desenvolvemento económico e ao progreso de todosos obxectivos da Axenda 2030 do Desenvolvemento Sostible.
O alumnado de terceiro de Primaria, afondou un pouquiño máis na vida de Marie Curie e Jane Goodall traballando por parellas na búsqueda información cos ordenadores.
Suscribirse a:
Entradas (Atom)
-
Un novo curso na biblioteca e moitas tarefas nas que o voluntariado colabora para que todo funcione mellor.
-
Despois de repasar as propostas das Xornadas de Biblioteca Creativa no mes de novembro, pensamos que sería axeitado iniciarnos nalgún prox...


.jpeg)

(1).jpg)






