miércoles, 11 de febrero de 2026

DÍA INTERNACIONAL DA MULLER E DA NENA NA CIENCIA (11 DE FEBREIRO)

 


Durante unha semana, o alumnado de cuarto de primaria realizou un traballo de investigación sobre distintas mulleres científicas que deixaron a súa pegada na historia. 

O máis especial desta actividade foi o xeito de traballar: os nenos e nenas buscaron a información directamente nos libros da nosa biblioteca, aprendendo a investigar, seleccionando datos importantes e descubrindo como atopar respostas máis aló de Internet. 

Cada grupo elixiu unha muller diferente e, pouco a pouco, foron descubrindo aspectos da súa vida, as súas investigacións e as dificultades que moitas delas tiveron que superar para poder dedicarse á ciencia.

Ademais de aprender contidos científicos, o proxecto serviu para fomentar a lectura, o traballo en equipo, a autonomía, ...consultaron libros divulgativos, biografías e tomaron notas.

Demostraron un gran interese e entusiamo, demostrando que investigar tamén pode ser unha aventura apaixoante cando se fai con curiosidade e ansias de aprender. 

Parabéns polo traballo realizado!! 








lunes, 24 de noviembre de 2025

RELATOS TERRORÍFICOS_ESO

Parece que este ano baixou a participación pero non a calidade dos traballos presentados.
Achegamos dous exemplos, un en galego e outro en castelán. Non deixedes de lelos. As autoras teñen un agasallo esperándoas na biblioteca. Subiremos fotos.


miércoles, 19 de noviembre de 2025

GAÑADORES DEBUXOS DE SAMAÍN




 O alumnado de Primaria demostrou unha vez máis a súa enorme imaxinación e creatividade participando no noso concurso "Debuxamos de medo" nos que non faltaron os fantasmas, monstruos, castelos encantados, cabazas, ...

O noso xurado tivo unha tarefa moi difícil pola gran cantidade de traballos presentados. Queremos felicitar a todos os participantes pola súa ilusión e compartir o seu talento artístico. 

Grazas a tod@s pola vosa participación!!