domingo, 10 de mayo de 2026

AMIGO INVISIBLE PROFES_CELEBRACIÓN DO DÍA DO LIBRO 2026

 



  



Un ano máis co gallo do Día do Libro, dende a Biblioteca propoñemos a celebración dun AMIGO INVISIBLE entre o profesorado. A participación é voluntaria.

O agasallo ten que ser un LIBRO USADO preferentemente en galego, que entregaremos ao compañeiro ou compañeira que toque mediante un sorteo que se ralizará via e-mail. 

O intercambio de libros será o mércores 29 de abril no segundo recreo na biblioteca. 


BIBLIOGRAFÍA LETRAS GALEGAS NA BIBLIOTECA.

 





lunes, 27 de abril de 2026

MERCADILLO DÍA DO LIBRO 2026

 




Para celebrar o dia do libro, organizamos un mercadillo  para formenter a lectura e dar unha segunda vida aos libros. Neste mercadillo mercaronse libros a precios simbólicos (de 1 a 3 €).
O mercadillo celebrarase o venres 24 de abril durante os recreos.
A recadación será donada a unha causa benéfica.




miércoles, 11 de febrero de 2026

DÍA INTERNACIONAL DA MULLER E DA NENA NA CIENCIA (11 DE FEBREIRO)

 


Durante unha semana, o alumnado de cuarto de primaria realizou un traballo de investigación sobre distintas mulleres científicas que deixaron a súa pegada na historia. 

O máis especial desta actividade foi o xeito de traballar: os nenos e nenas buscaron a información directamente nos libros da nosa biblioteca, aprendendo a investigar, seleccionando datos importantes e descubrindo como atopar respostas máis aló de Internet. 

Cada grupo elixiu unha muller diferente e, pouco a pouco, foron descubrindo aspectos da súa vida, as súas investigacións e as dificultades que moitas delas tiveron que superar para poder dedicarse á ciencia.

Ademais de aprender contidos científicos, o proxecto serviu para fomentar a lectura, o traballo en equipo, a autonomía, ...consultaron libros divulgativos, biografías e tomaron notas.

Demostraron un gran interese e entusiamo, demostrando que investigar tamén pode ser unha aventura apaixoante cando se fai con curiosidade e ansias de aprender. 

Parabéns polo traballo realizado!!