lunes, 23 de septiembre de 2019

FORMACIÓN DE USUARIOS


Hoxe empezou a formación de usuarios na nosa biblioteca, dirixida ao alumnado de primeiro a cuarto de Educación Primaria. 
A través dunha presentación en PowerPoint faise fincapé en aspectos esenciais como as partes dun libro, clasificación dos tejuelos, onde atopar un libro axeitado para cada idade, CDU, ... Complétase cunha serie de sinxelas actividades que lles permitan coñecer un pouco máis como funciona o servizo de empréstito e os diversos recursos que pode ofrecer a nosa biblioteca. 
Ademais, aproveitamos a ocasión para repartir os carnés ao alumnado de terceiro de E.P. Fíxolles moita ilusión!! 






viernes, 13 de septiembre de 2019

EMPEZA UN NOVO CURSO

Xa estamos de volta!! Comenzou un novo curso e este ano hai algunha novidade...aproveitamos o verán para facer uns andeis novos para as dúas zonas da biblioteca e recolocamos os vellos no almacén. Como podedes observar nas fotografìas, quedaron moi ben! 

O proxecto que plantexamos este ano desde a nosa biblioteca leva por título "Cada libro unha viaxe, e ti a onde vas?".
Os primeiros días de setembro organizamos unha parte do traballo do trimestre: fixemos os carnés dos novos usuarios, revisamos as bibliotecas de aula, preparamos as mochilas viaxeiras, buscamos axudantes, ...
Pouco a pouco iremos collendo ritmo!!


viernes, 7 de junio de 2019

CLAUSURA DO CLUB DE LECTURA

O curso está a piques de rematar e con el, o club de lectura. O alumnado que participou nesta actividade recibiu un pequeno agasallo (unha camiseta). 
Esperamos que vos gusten e grazas pola vosa participación! 




martes, 4 de junio de 2019

ROSALÍA SOCIAL

O alumnado de 3ºA da ESO, dividido en grupos, realizou un documento audiovisual sobre poemas sociais de Rosalía. A actividade consistiu na lectura expresiva de cada poema, na súa interpretación temática e na identificación dunha causa actual que puidese servirlle á autora para manter a denuncia social. Os obxectivos docentes desta actividade alcanzan dende a xestión de grupos medios (6, 8 rapaces e rapazas), a estimulación da sensibilidade poética, o manexo de habilidades TIC ou a observación e reflexión sobre o seu propio mundo. Parabéns!