viernes, 28 de febrero de 2020

DORES TEMBRÁS: DÌA DE ROSALÍA ( I )


A poeta Dores Tembrás compartiu a paixón por Rosalía de Castro co alumnado de 3° e 4° da ESO.
Nunha sesión celebrada no auditorio da Senra, foi descubrindo a versión máis feminista e reivindicativa
da matriarca galega. Apoiouse nos poemas de Tecín soia a miña tea, cun eu lírico feminino abandonado
a unha agarda solitaria ao xeito de Penélope; no de A xustiza pola man debuxaba a defensa da dignidade
feminina anta o abuso e o desamparo; nos textos reflexivos dos Lieders e Las Literatas aparecía a reivin-
dicación da individualidade feminina fronte ao papel subsidiario da muller.
A voz confidencial de Dores acabou por atrapar ao grupo na defensa da obra rosaliana afastada dunha in-
terpretación de muller afectada e chorona que nos legou a versión histórica.






EDUCANDO NA BIOSFERA: OBRADOIRO DE XABÓN ARTESANAL

Hoxe na nosa biblioteca e, grazas aos programas levados a cabo pola " Reserva da Biosfera, Mariñas coruñesas e terras do Mandeo", os rapaces de segundo e cuarto de E. P. aprenderon contidos ben interesantes sobre as plantas que medran na nosa contorna.


Sorprendeunos o abano de propiedades que posúen: nutricionais, medicinais e cosmética, entre outras.
Gozamos cun obradoiro no que cada un de nós fixemos un anaquiño de xabón con aceite, sosa e distintos aceites e esencias naturais que se atopan a cotío formando parte da beleza da nosa paisaxe. 
Agora toca agardar un  mes ata poder usalo...








jueves, 20 de febrero de 2020

SUSO CUBEIRO

O día 20 de febreiro o alumnado de primeiro de E.P. participou nun obradoiro co ilustrador Suso Cubeiro. 


A actividade está enmarcada nunha proposta de "Reserva de Biosfera Mariñas Coruñesas e Terras do Mandeo" en colaboración co Concello de Bergondo. 
Suso Cubeiro fixo unha sesión moi amena onde lles ensinou a debuxar animais a partires de trazos moi sinxelos. Os nenos e nenas elaboraron debuxos cos que participarán nun concurso.
Finalmente, a rapazada foi agasallada con libros dos Bolechas relacionados coa flora e a fauna que temos ao noso arredor. 






miércoles, 12 de febrero de 2020

DÍA DA MULLER NA CIENCIA

Onte, 11 de febreiro, celebrouse o Día da Muller e da Nena na Ciencia. Se queredes coñecer algunhas das mulleres científicas máis importantes da historia, podedes atopar estes libros na nosa biblioteca. 
Esperamos que vos gusten! 



viernes, 31 de enero de 2020

GRULLAS DE PAPEL: DÍA DA PAZ ( II )

O alumnado de 4° de E.P. aprendeu a facer grullas en papel, seguindo a técnica do origami, axudados por unha compañeira de clase. 
Esta iniciativa partiu do mestre de inglés que xunto con Matthew, un estudante que está de auxiliar de conversa no centro, axudoulles a redactar a carta que acompañará ás grullas a Hiroshima. 
Boa viaxe! 




viernes, 24 de enero de 2020

DIGICRAFT II (VÍDEOS)

O feito de contar historias non é novo. Esta ferramenta que se ven empregando nas aulas dende hai moitos anos ten unha utilidade enorme a nivel didáctico.

A forma de traballar estes contidos si que pode ser de varias formas. Ademais de aspectos da competencia lingüística, empregamos ferramentas que fan que a motivación aumente ademais de empregar novos formatos e novas linguaxes. Si ademais introducimos o traballo en equipo (colaborar, cooperar, chegar a acordos) e un traballo intersiciplinar, estamos a mellorar moitas outras competencias (dixital, aprender a aprender, social e cívica, expresións culturais,...).

O resultado final pódese ver nestes videos... esperamos que vos gusten.