lunes, 11 de mayo de 2020

FOTOGRAFÍA MATEMÁTICA DENDE A CASA



https://www.xatakafoto.com/trucos-y-consejos/que-fotografia-matematica-ejemplos-consejos-para-perfeccionarla

Relanzamos o noso concurso de fotografía matemática, este curso de maneira atípica como todo. Cambiaremos o formato de concurso por participación voluntaria e publicación de todos os traballos neste blog.
O artigo enlazado ao início desta entrada e tamén na imaxe explica perfectamente a idea coa que iniciamos este concurso no CPI Cruz do Sar.
Normalmente dirixido ao alumnado a partir de 4º de EP hasta 4º de ESO, NESTA OCASIÓN  gustaríanos extender a CONVOCATORIA  ao PROFESORADO e aos PAIS E NAIS de todo o alumnado que poderían participar axudando aos seus fillos e tamén de maneira individual.
As bases para a participación seguen a ser as mesmas que as do concurso organizado polo Departamento de Matemáticas e a biblioteca do CPI Cruz do Sar. Están a continuación.

(O ALUMNADO QUE XA ENTREGOU A SÚA IMAXE NA BIBLIOTECA ANTES DO CONFINAMENTO QUE VOLVA A ENVIALA, SE PODE AO CORREO DA BIBLIOTECA. SE NON LLE É POSIBLE VOLVER A ENVIALA, QUE SE POÑA IGUALMENTE EN CONTACTO PARA QUE INTENTEMOS RECUPERALA.)



sábado, 2 de mayo de 2020

RECURSOS CON MOITA LIX PARA FICAR NA CASA

A Asociación Galega do Libro Infantil e Xuvenil (Gálix) presenta o PADLET "Recursos con moita LIX para ficar na casa", onde se recopilan recursos dixitais para que os cativos e as cativas pasen un confinamento na casa máis entretido. Trátase de diferentes iniciativas aptas para todas as idades, dun xeito sinxelo de consultar.
Acceso á ligazón:

https://www.edu.xunta.gal/portal/node/30949

lunes, 20 de abril de 2020

LUZ POZO GARZA

Hoxe expresamos un fondo pesar polo pasamento de Luz Pozo Garza na Coruña, cidade na que vivía dende finais dos anos 80. 
A poeta, ensaísta e catedrática de literatura de ensino medio formaba parte da RAG dende 1950, cando só con 28 anos foi nomeada membro correspodente e, dende 1996 era académica de número.


É unha das voces esenciais das letras galegas na segunda metade do século XX, renovadora tanto na temática abordada coma na forma. 
En 2019 publicou o seu último libro Pazo de Tor, un libro de homenaxe ás raíces familiares pola vía materna. 
A poesía de Luz Pozo bebeu con frecuencia da fonte de Rosalía de Castro, á quen rendeu homenaxe en obras como Vida secreta de Rosalía (1996) e tamén no seu discurso de ingreso na RAG como académica de número, Diálogos con Rosalía, a primeira intervención deste tipo escrita no código da poesía.
Morre unha gran poeta máis non morre a súa poesía. D.E.P. 

" Eu era aquela nena
que medraba na mariña lucense
absorta entre dous ríos benamados
o leste dun Edén apendendo as estrelas".

Dende aquí, mandamos un agarimoso abrazo a súa filla, Luz Pozo, compañeira do noso centro durante varios anos. 

lunes, 13 de abril de 2020

CELEBRAMOS O DÍA DO LIBRO?


Anímaste a celebrar o “DIA DO LIBRO” dende a túa casa?

O Día do Libro é un dos días favoritos da biblioteca do CPI Cruz do Sar.
Sabías que nesta data (23 de abril) se conmemora o falecemento de Cervantes e Shakespeare? E que a UNESCO promove esta celebración coa intención de fomentar a lectura, defender e protexer a industria editorial e os dereitos de autor?

E ti, que libro estás a ler estes días de “quedar na casa”?

Compárteo con nós.
Grava un video breve falando do libro que estás a ler (tamén pode participar a túa familia). Se non queres gravar un video manda unha imaxe ao correo da biblioteca bibliotecacruzdosar@gmail.com  

Recibide moito ánimo do equipo da biblioteca e sede conscientes de que estamos a facer algo moi importante quedando na casa.