martes, 23 de febrero de 2021

DÍA DE ROSALÍA



Hoxe, 24 de febreiro,  é o Día de Rosalía e desde a biblioteca e o EDNL queremos convidarvos a celebralo co noso alumnado. 
No taboleiro da entrada do edificio A colocamos esta imaxe de Rosalía e logo, arredor, os traballos que faremos da súa obra e vida. 





En E.P. propoñemos que o alumnado traballe conxuntamente este día xunto co Día Mundial da Poesía (21 de marzo) coa lectura da poesía de Rosalía e compoñendo un/uns acróstico/s co nome de Rosalía de Castro. A idea é que cada titoría (ou cada alumno) faga un acróstico para logo expoñelos xunto ao cartel de Rosalía. 

Na ESO, o profesorado da materia de Lingua Galega, vai traballar o tema dentro da súa materia pero tamén fixeron acrósticos. 

Cando recollamos a exposición, formaremos un libro con todo o exposto que quedará na biblioteca a disposición de todo o alumnado. 

Quedaron moi bonitos! 





















domingo, 21 de febrero de 2021

FOTOGRAFÍA MATEMÁTICA 2021

O concurso de fotografía matemática xa está convocado. Mirade ben as bases e preguntade aos vosos profesores de mates se tedes alguna dúbida. As datas para a presentación dos traballos ampliaránse hasta principios de marzo. Podedes inspirarvos mirando traballos doutros anos presentados ao concurso polo alumnado do CPI Cruz do Sar (a continuación das bases) 





domingo, 17 de enero de 2021

REVISTAS NA BIBLIOTECA. CLIJ (cuadernos de literatura infantil e juvenil).


Esta publicación mensual dirixida principalmente ao profesorado,  ponnos ao día das novidades editoriais e as noticias arredor da literatura infantil e xuvenil.

Tamén podemos encontrar artigos sobre diferentes temas relacionados co fomento da lectura, monografías sobre autores ou xéneros, recomendacións lectoras por idades, etc

No seu número 229, correspondente ao mes de xaneiro e febreiro podemos atopar un acertado artigo de opinión de Iván Moldes, Corazón de Tiza, que trata sobre o valor  do tempo de lectura libre dentro do horario escolar e unha colaboración de Choni Fernández Vilaseñor titulado "Lectura digital Infantil".

Deixo aquí unha imaxe do primeiro e a primeira páxina do segundo, para animarvos á lectura.






martes, 12 de enero de 2021

XEOGRAFÍAS LECTORAS. FRANCÉS ESO


Nous ne sommes pas
Apollinaire mais pesque...

A partires da palabra "Viaxar" o alumnado de Francés de 4º de ESO realizou estes caligramas.



 

ESTAMOS DE VOLTA!

A biblioteca abre de novo as súas portas tras un primeiro trimestre pechada debido ás restriccións causadas pola COVID 19.

Ademais, o alumnado de terceiro de E. Primaria recibiu con moito entusiamo os novos carnés para facer o préstamo automatizado. 

Esperamos ir collendo ritmo pouco a pouco...