domingo, 22 de mayo de 2022

ARTE NA ANTIGÜIDADE. TRABALLO DE HISTORIA DO ALUMNADO DE 1º DE ESO


Versiona unha obra de arte de Mesopotamia, Exipto ou Grecia.

Se sabes debuxar, escolle unha obra de arte - arquitectónica, pictórica ou escultórica- e debúxaa. Realiza a túa propia versión.


Se pensas que o debuxo non é o teu, elixe unha obra, cámbialle o título, e escribe unha pequena historia de doce liñas como máximo




 

martes, 10 de mayo de 2022

CLUB DE LECTURA ( I )

Iniciamos o segundo trimestre co Club de Lectura no que participan nenos e nenas voluntarios  de quinto e sexto de primaria e unha profe que colabora coa biblioteca que foi a artífice da súa posta en marcha. Foi creado para compartir o gozo de ler e as emocións, reflexións e vivencias a través da lectura. 

Xúntanse os venres na biblioteca durante o segundo recreo e dez minutos máis que lles prestan os titores de cada curso. 

Comenzaron lendo " A lección de August" de Raquel Jaramillo Palacio. August ten dez anos, é fanático da Guerra das Galaxias e nunca foi ao  colexio pois naceu con síndrome de Treacher Collins, un trastorno xenético determinado por malformacións craneofaciais.  Os seus pais o tratan coma un neno pequeno sobreprotexido e a nai é a encargada da súa educación polo que non asiste ao colexio ata os estudos de Secundaria.

Que pasará cando accede a ir? 

Como actividade final, a maquilladora de distintos anuncios e series da TVG, Yolanda Sousa (Fuchica na testa), "deformou e afeou o rostro" dun dos nosos lectores.



                




viernes, 25 de marzo de 2022

PREMIO VII CONCURSO DE TRABALLOS POR PROXECTOS

Esta iniciativa, integrada no Plan LÍA de bibliotecas escolares (Lectura, Información,  Aprendizaxe) busca recoñecer aquelas experiencias que aproveitan os recursos da biblioteca escolar, ao tempo que estimulan o uso desteinstrumento educativo para o desenvolvemento de contidos curriculares, asi como a adopción de metodoloxías activas e colaborativas. 

Desde a biblioteca, queremos agradecer o traballo realizado ás familias, ao alumnado e ao profesorado implicado, en especial a Jose  por coordinar o proxecto. 

Parabens!!! 



martes, 8 de marzo de 2022

8 DE MARZO: DÍA DA MULLER TRABALLADORA


O 8 de marzo reivindica os dereitos das mulleres baixo o lema "Igualdade de xénero hoxe para un mañá sostible". Lembramos a importancia de educar na igualdade, no respecto e na tolerancia.

Desde a biblioteca, fixemos unha selección de libros e lecturas para traballar nas aulas.



O alumnado de cuarto de primaria baixou a traballar con eles xa que están a investigar sobre diversas mulleres protagonistas da historia, ademais de facer unha ilustración de cada unha delas.