miércoles, 21 de mayo de 2025
DÍA DO LIBRO 2025_MERCADILLO SOLIDARIO
Este ano organizamos un Mercadillo Solidario para celebrar o día do libro. Recollemos doazóns de libros do alumnado e as súas familias para vendelos a precios populares. Todos colaboramos, tanto os que doamos como os que mercamos e tamén os que estiveron nos postos de venta.
A recadación (453€) foi doada ao IES Massanassa, un centro educativo situado na localidade valenciana de Massanassa, unha das máis afectadas pola DINA que asolou Valencia.
Queda este vídeo para lembrar o bo ambiente dese día.
martes, 6 de mayo de 2025
AS CANTAREIRAS NA SENRA
O luns día 5 de maio pola tarde todo o alumnado da ESO estivemos con Icía do Manso e Xosé Manuel Varela Varela na Senra. Viñeron presentar Cantareiras, publicación na que fan un percorrido polas pandereteiras ás que se dedica o Día das Letras Galegas 2025. Acompañounos tamén Juan José Alvite, veciño de Bergondo e fillo de Eva Castiñeira, unha das mulleres homenaxeadas.
Organizou o Departamento de Lingua e Literatura Galega, Biblioteca e o Edlg Cruz do Sar coa colaboración do Concello de Bergondo.
lunes, 5 de mayo de 2025
viernes, 25 de abril de 2025
DÍA DAS ARTES GALEGAS. ISAAC DÍAZ PARDO
O pasado día 1 de abril celebramos o Día das Artes Galegas dedicado este ano a Isaac Díaz Pardo. O alumnado de Educación Primaria decorou un prato facendo referencia a figura de Isaac e ao seu traballo como ceramista. O alumnado de 5º tamén decorou unha máscara inspirándose nas elaboradas en Sargadelos
martes, 22 de abril de 2025
OBRADOIRO DE REGUEIFA NA BIBLIOTECA
O luns 7 de abril, o alumnado de 2° da ESO participou no Obradoiro de regueifa impartido por Lupe Blanco. Da man da regueifeira de Coristanco aprenderon cal é a orixe da regueifa, como se crea e como se canta de maneira moi activa e lúdica.
lunes, 17 de marzo de 2025
sábado, 15 de marzo de 2025
DÍA DE PI
Celebramos o Día de Pi.
O Departamento de Matemáticas e o Departamento de Plástica achegaron ao alumnado información sobre esta data e solicitaron a súa participación coloreando as cifras de Pi, para rematar o cartel que se atopa na entrada do centro.
Suscribirse a:
Entradas (Atom)
-
Un novo curso na biblioteca e moitas tarefas nas que o voluntariado colabora para que todo funcione mellor.
-
Despois de repasar as propostas das Xornadas de Biblioteca Creativa no mes de novembro, pensamos que sería axeitado iniciarnos nalgún prox...


.jpeg)
.jpeg)



.jpeg)
