martes, 30 de septiembre de 2025

VISITA Á BIBLIOTECA MUNICIPAL DE BERGONDO

O luns 29 de setembro o alumnado de 1º de ESO achegouse á Biblioteca Municipal para coñecer as súas instalacións e os seus servicios. Alí recibironnos coa actuación "Ciencia máxica "  , un espectáculo que mestura ciencia e maxia para sorprender e entreter a toda a familia. Despois comentamos todas as posibilidades que as instalacións e sevicios da Biblioteca lles poden ofrecer a eles e ás súas familias.












lunes, 7 de julio de 2025

BIBLIOTECA E POLOS CREATIVOS

                 

CORTADORA LÁSER. PROXECTOS COSTURA. ALUMNADO DE 6º DE EP E 4º DE ESO.
Deseñaron a plantilla con LIBRECAD, despois cortaron en fieltro coa cortadora láser. Coseron e puxeron un broche para rematar o estoxo.


CORTADORA LÁSER. PROXECTO MARCAPÁXINAS. DÍA MUNDIAL DE CONCIENCIÁCIÓN DO AUTISMO.
Traballo levado a cabo polo profesorado participante no Seminario de Formación de POLOS CREATIVOS.



CORTADORA LÁSER. PROXECTO MARCAPÁXINAS. 
O alumnado de 1º de EP preparou os marcapáxinas para agasallar ao alumnado do CRA na súa visita ao CPI.





CORTADORA LÁSER. PROXECTO CHAVEIROS
Alumnado de 6º de EP para o proxecto EDUCO.



E-TEXTÍS E CORTADORA LÁSER. 1º ESO
Realización dun boneco de fieltro cun circuito eléctrico no interior que fai que se acendan dous leds, umha en cada ollo ao apretalo.






PROXECTO IMPRESORA 3D. CUBO SOMA. 4º ESO
Deseño con Open Cad das pezas do cubo. Impresión en 3D.






 

miércoles, 2 de julio de 2025

FOTOGRAFÍA MATEMÁTICA_ 6º de EP e 3º de ESO_FORA DE CONCURSO

 


O alumnado de 3º de ESO  traballou a xeometria no entorno do CPI  nunha actividade da clase de Plástica.


Traballos presentados voluntariamente polo alumnado de 6º de EP.



lunes, 9 de junio de 2025

BIBLIOTECA CREATIVA_COMPETENCIA DIXITAL

MÁQUINAS PROGRAMABLES: INICIACIÓN Á PROGRAMACIÓN CON SONS A TRAVÉS DA PLACA MAKEY







 O alumnado de 1º de EP  participou nun obradoiro coa Placa MAKEY como parte do proxecto Biblioteca Creativa, promovido pola Asesoría de Bibliotecas Escolares e do que forma parte a Biblioteca desde hai uns anos. 
Almudena Alonso foi a encargada de impartir a formación, trouxeron diferentes materiais e traballaron na aula cos ordenadores portátiles da biblioteca.





lunes, 2 de junio de 2025

BERGONDO EN FEMININO. ROTEIRO POLAS MULLERES DE BERGONDO

 



https://bergondo.gal/descubre-bergondo/bergondo-en-feminino/

Varios cursos de 1º, 2º e 3º ESO participan neste curso na actividade "Bergondo en feminino" organizada polo concello de Bergondo. Nesta ruta por diversos lugares de Bergondo o noso alumnado tivo a ocasión de coñecer a historia e a importancia de mulleres relacionadas co noso concello. En Moruxo, presentouselles a prolífica obra da escritora galega Filomena Dato. No Pazo de Mariñán coñeceron a historia de Inés de Ribadeneira, noble que estivo a piques de morrer asasinada polo seu marido. En Lubre destacaron a figura de Maruxa do Chelo, comadroa que axudou a traer ao mundo a máis de 800 bebés. Por último visitaron a Quinta do Cortón, en Vixoi, onde se lles resaltou a figura da mestra Jacinta Landa. Tamén lles falaron da vida doutras mulleres de Bergondo como Xabiela Fraga, Luisa Viqueira ou Josefa Crespo.

miércoles, 21 de mayo de 2025

DÍA DO LIBRO 2025_MERCADILLO SOLIDARIO

 


Este ano organizamos un Mercadillo Solidario para celebrar o día do libro. Recollemos doazóns de libros do alumnado e as súas familias para vendelos a precios populares. Todos colaboramos, tanto os que doamos como os que mercamos e tamén os que estiveron nos postos de venta.
A recadación (453€) foi doada ao IES Massanassa, un centro educativo situado na localidade valenciana de Massanassa, unha das máis afectadas pola DINA que asolou Valencia.
Queda este vídeo para lembrar o bo ambiente dese día.




martes, 6 de mayo de 2025

AS CANTAREIRAS NA SENRA

 



O luns día 5 de maio pola tarde todo o alumnado da ESO estivemos con Icía do Manso e Xosé Manuel Varela Varela na Senra. Viñeron presentar Cantareiras, publicación na que fan un percorrido polas pandereteiras ás que se dedica o Día das Letras Galegas 2025. Acompañounos tamén Juan José Alvite, veciño de Bergondo e fillo de Eva Castiñeira, unha das mulleres homenaxeadas.

Organizou o Departamento de Lingua e Literatura Galega, Biblioteca e o Edlg Cruz do Sar coa colaboración do Concello de Bergondo.